Como todos os anos o 27 de setembro o cole se volve vestir de festa para celebrar o dia do noso fundador, San Vicente de Paúl, os máis peques como é costume celebrámolo con actividades nas aulas e todos xuntos, recordando a súa vida, a súa obra e a importancia que teñen a súa ideoloxía cada día nos nosos centros e que nos fai únicos.
Deixámosvos unhas pequenas imaxes, o resto do material poderédelo descargar dende o Dropbox.
Que tal no cole?
Día tras día todos os papás e mamás adoitades preguntarlle aos máis peques; que tal o teu día no cole? Pois dende agora, non só podedes escoitalo se non tamén velo. Dende este blog as mestras de Educación Infantil pretendemos crear un espazo aberto que sexa un punto de encontro, onde a información e a educación "saia" do cole e voe ata un recuncho das vosas vidas. Moitas grazas por elixir este centro para a educación dos vosos fillos/as.
sábado, 5 de octubre de 2013
Almorzo solidario!
Recordade todos os mércores recolleremos un cartón de leite para axudar a Caritas Maín, esta campaña está dirixida a que ningún neno se quede sen almorzo, xuntos podemos facer grandes cousas!
Grazas un vez máis pola vosa colaboración, O Equipo de Eduacción Infantil.
Grazas un vez máis pola vosa colaboración, O Equipo de Eduacción Infantil.
martes, 10 de septiembre de 2013
3, 2, 1... Despega un novo curso
Mañá 11 de setembro despega un novo curso escolar, recordarvos que os alumnos de 5º e 6º (Ana, Mariña, Rosa e Fini) serán recibidos polas súas profes na aula de acollida da entrada dianteira do pavillón, mentres que os alumnos de 4º (Chelo e Antía) accederán pola porta traseira.
A recollida será a partir da 13:30 e todos os alumnos serán entregados pola porta principal, de xeito graduado.
Para unha maior organización pregamos todas as familias PUNTUALIDADE.
Moitas grazas pola súa colaboración e agora sí.... Despegamos!
jueves, 22 de agosto de 2013
Reunión de apertura do curso 2013/2014
Estimadas familias, o verán está a punto de rematar e o equipo de Educación Infantil está listo para comezar un novo curso cargado de miles de aventuras e sorprendentes propostas.
Invitámosvos a todos á reunión de apertura/información do curso que terá lugar o próximo venres 6 de setembro ás 17:30 no salón de actos do colexio.
Invitámosvos a todos á reunión de apertura/información do curso que terá lugar o próximo venres 6 de setembro ás 17:30 no salón de actos do colexio.
jueves, 27 de junio de 2013
Vémonos en setembro!
Felices vacacións a todos os nosos nenos e as nosas familias! Esperámosvos o día 6 de setembro, no salón de actos do cole, para a reunión de principio de curso.
GRAZAS UN ANO MÁIS POR CONFIAR NO CENTRO E EN NÓS PARA A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS.
O equipo de Educación Infantil
Fin de Curso!
Despois de 9 meses cheos de miles de aventuras con todos os nosos compañeiros/ás e as nosas profes chegamos ao final do curso cargados de moitas actividades.
Por un lado a esperadísima saída medio ambiental que este ano tivo lugar na Granxa El KIRIKO, na que puidemos gozar de diferentes actividades adaptadas aos tres niveis.
Polo outro, como o tempo non nos acompañou, non puidemos ir á praia como pensaramos pero... puidemos gozar do cole só para nós, bailamos, fixemos talleres de maquillaxe, botamos carreiras de obstáculos polos corredores... pasámolo xenial!
E tamén o pasado xoves despedimos na graduación aos alumnos de 6º que se fixeron maiores e marchan a primaria. Ímolos botar moito de menos!
Deixámosvos, como sempre unha mostra de todas as actividades, o resto xa están á vosa disposición no Dropbox.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)